Achéganse o verán e as vacacións e teremos máis tempo para desconectar e, por que non, escoitar música. É unha boa oportunidade para abrir o noso abano de posibilidades e escoitar máis música en galego e derrubar os prexuízos que están asociados á música na nosa lingua.
O profesor Nel Vidal elaborou este vídeo no que fai "30 propostas de música en galego actual que tes que coñecer":
Ademais, dende o Club de Lingua do IES de Soutomaior lanzan, a través de @pagaapena, a iniciativa Música En Galego... porque paga a pena. Unha fas primeiras accións foi crear listas de reprodución en Youtube, diferenciadas por momentos en que usalas: MEGA para saír de festa, MEGA riquiña, MEGA para mudar o mundo... Podedes atopalas nesta ligazón:
Nestes últimos días, tamén se lanzaron novos temas:
Muinheira de interior - Boyanka Kostova
Sempre quero - Oh! Ayatollah
TAREFA. Despois de investigar un pouco sobre a música galega, quero que seleccionedes unha canción en galego actual e ma enviedes por correo. Nese correo tedes que explicarme como a descubristes, por que a escollestes, que tipo de música é e de que fala a letra da canción.
O correo que me envíes, ademais de contar co contido que che indiquei no parágrafo anterior, debe ter unha estrutura propia deste tipo de textos. É dicir: un saúdo, un corpo e unha despedida xunto coa túa sinatura (o teu nome). No asunto debes poñer: "A canción que recomendo". Tamén valorarei estas cuestións.
Se tedes algunha dúbida, preguntádeme!
Comentarios
Publicar un comentario