ORTOGRAFÍA: GRUPOS CONSONÁNTICOS


Esta semana ides repasar ortografía cos grupos consonánticos:

- Grupos consonánticos con l ou r (páx. 163): bl, cl, fl, gl, pl, tl e br, cr, fr, gr, pr, tr.
- Grupos consonánticos con m e n (páx. 163): gm, gn, mn, nm, ns.

- Grupos consonánticos -cc- e -ct- (páx. 185)
- Grupos consonánticos -bs- e -ps--pc- e -pt--bt-, -bv-, -cd-, -cn- (páx. 185).

Lede con atención as explicacións desas dúas páxinas e facede os seguintes exercicios:
- Páx. 163, ex. 1 (a frecha non), 2
- Páx. 185, ex. 1, 2, 3, 4

A finais de semana súbovos a solución dos exercicios para que os autocorrixades.

Enviádeme por correo, para que volos corrixa, os exercicios 1 e 2 da páx. 185:
 - dez oracións coas palabras da sopa de letras do exercicio 1 
- un texto breve coas palabras do exercicio 2

Comentarios