ORTOGRAFÍA: SE NON, SENÓN / DE MÁIS, DEMAIS


Unha das tarefas desta semana está enfocada a que sigades traballando a ortografía para mellorar a vosa expresión escrita. Ides practicar o uso de se non/senón e de máis/demais.

Lede con atención a explicación da páxina 219 do libro de texto (fixádevos tamén no cadro de "Presta atención" que hai á dereita). En canto á forma "demais", tede en conta que non se acentúa porque é unha aguda rematada en ditongo decrecente (é unha das excepcións nas agudas).

A continuación, facede os exercicios 1, 2 e 3 desa páxina. Mandádeme AS FRECHAS dos exercicios 1 e 2 para que volas poida corrixir.

Ao final da semana subirei as solucións dos exercicios para que poidades autocorrixilos.

Comentarios