Ao longo da nosa vida imos tendo referentes que nos inspiran ou que teñen un impacto en nós e na nosa personalidade. Esas persoas poden estar no noso círculo máis próximo ou contar cun recoñecemento social maior. Sexas quen sexas, o importante é o que supoñen para nós.
Por exemplo, nos últimos anos, moitas mulleres comezaron a converterse en referentes sociais e conseguiron botar abaixo moitos prexuízos. Coñecedes a Ana Peleteiro? É unha atleta galega, especialista en triplo salto. Acadou máis popularidade en 2019, cando se proclamou campioa de Europa de pista cuberta de triplo salto cunha marca de 14,73 metros, novo récord de España, no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta disputado en Glasgow.
Ana Peleteiro sempre se recoñece como unha galega orgullosa das súas orixes e do seu idioma. Mirade o que conta neste vídeo:
Ela tamén ten os seus propios referentes e nesta entrevista fala desa persoa tan importante na súa vida. Quen será?
TAREFA. Grava un audio no que expliques quen é o teu/a túa referente. Debes presentar esa persoa (é un/ha familiar, unha amizade, algunha persoa famosa?) e indicar por que é o teu ou a túa referente (sempre o foi? cando comezou a selo? por que?). Non tes que responder necesariamente esas preguntas que hai nos parénteses, senón facer ti unha explicación na que podes telas en conta como guía.
Envíame ese audio ao correo ao longo desta semana
Se non podes gravar un audio por algún problema técnico, comunícamo para buscar unha alternativa.
Comentarios
Publicar un comentario