Páx. 163, ex. 1
preito implante brasón glorieta
cable florecer recrutar singradura
frota prateado platino afrouxar
obriga flexionar fr/flagrante* neglixencia
cravo tríatlon oblicuo fragrancia
pracer alcatrán artrose atlético
*fragrante = Que despide fragrancia / flagrante = Que se pode ver claramente, que sucede sen dúbida e todo o mundo o pode coñecer.
Páx. 163, ex. 2
- É un libro transcendental e magnífico, que contén dogmas idealistas e nada pragmáticos.
- Estivo comigo un instante e quedou inmóbil ante o perigo inminente dunha conspiración.
- Roi constipouse o día da inauguración das instalacións, naquel acto solemne en que interpretaron o himno.
- É un bo prognóstico para a ximnasta a expulsión das flegmas, aínda que é un enigma a súa enfermidade.
Páx. 185, ex. 1
A oración con cada unha das palabras tedes que enviarmas ao correo para que volas corrixa.
Páx. 185, ex. 2
Aceso = participio do verbo acender; prendido, acendido. Cheo de ansia, paixón, rabia etc.
Acceso = lugar por onde se accede a un sitio.
Adición = acción de engadir unha cousa a outra.
Adicción = inclinación moi forte ao consumo de substancias (alcohol, drogas, tabaco, etc.) ou a certas actividades como o xogo, que crea dependencia e física das mesmas.
O texto no que empregades estas palabras tedes que enviarmo ao correo para que volo corrixa.
Páx. 185, ex. 3. Neste exercicio cúmprese esta norma: Maioritariamente mantéñense os grupos -cc- e -ct- despois de a, e, o. Suprímese o c se vai despois de i, u.
ditar indución delito conduta
distrito octaedro respecto vítima
reflector fracción redacción editor
Páx. 185, ex. 4
- Obsequiáronme cunha subscrición anual a unha revista de psicoloxía.
- Subtraer é aceptable como sinónimo de restar. (Ollo: subtraer = restar, substraer = roubar)
- Substituíron a parte danada e evitaron a obstrución.
- A autopsia aclarou que a morte se debeu á ruptura dos vasos sanguíneos.
- A palabra corrupción ten un ditongo.
- A substancia adoptou un aspecto desagradable.
Comentarios
Publicar un comentario