CORRECCIÓN DOS EXERCICIOS DE ORTOGRAFÍA (PÁX. 219)


Ex. 1
- Se non cambia de actitude, é difícil chegar a un acordo. Expresa condición (cambiar de actitude).
- Non só gañaches senón que tamén batiches a marca. Introduce unha rectificación.
- Quen, senón túa irmá, é capaz de cantar así? É unha preposición que significa 'agás', 'excepto'.
- Acompáñote ao cine se non adormeces. Expresa condición (non adormecer).
- A noticia non lla deu Xoán, senón Pedro. Introduce unha rectificación.
- Chegaría a tempo, se non fose pola neve. Expres condición (non nevar).

Ex. 2
- Fun á reunión pero sentín como se estivese de máis. Secuencia que significa 'en exceso'.
- Iria veu hai media hora e os demais acaban de chegar. Pronome indefinido que significa 'o resto'.
- Xiana é moi solidaria e sempre pensa nos demaisPronome indefinido que significa 'o resto'.
- Neste mes traballamos algunhas horas de máisSecuencia que significa 'en exceso'.
- Non demos acabado hoxe; o demais queda para mañá. Pronome indefinido que significa 'o resto'.

Ex. 3
Aquela flor xermolara un día, dun gran chegado quen sabe de onde, e o principiño vixiaba atentamente esta ponliña que non se asemellaba ás demais (= o resto). O arbusto deixou de medrar axiña e comezou a botar unha flor. O principiño pensou se (conxunción condicional) de alí ía saír algo milagroso, pero a flor pechada no seu cuarto verde, non acababa de se (pronome persoal) engalanar. Elixía para si (pronome persoal) con coidado as cores e axustaba un a un os seus pétalos. Non quería saír xa murcha como as papoulas, senón (conxunción para introducir unha rectificación) aparecer con toda a súa fermosura.

Comentarios