COMPRENSIÓN ORAL: A QUE CHEIRAN OS LIBROS?

Vimos de pechar o mes de abril, o mes dos libros (xa que o 23 de abril é o Día do Libro), e comezamos o mes de maio, no que unha das efemérides é o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Entre o mes dos libros e o mes das letras é un bo momento para saber a que cheiran os libros. A resposta cóntannola Iria Veiga e Javier Balea, neste capítulo de Concienciadas.


Escoita o vídeo e responde as seguintes preguntas:

1. Que galega inventou o libro electrónico?
2. Con que materiais se fabricaban os libros antigamente?
3. Onde se atopan os compostos químicos que dan lugar ao cheiro dos libros?
4. De que é indicador o olor dos libros?
5. E para rematar... que olor che resulta a ti agradábel? Está vinculado a algún recordo ou vivencia?

Envíame a resposta a estas preguntas ao correo

Comentarios