A COMUNICACIÓN NON VERBAL

Nas comunicacións orais entre persoas transmitimos moitos significados máis alá das palabras; é o que se coñece como comunicación non verbal. Dentro da comunicación non verbal distinguimos:
  • Elementos paralingüísticos, que acompañan as palabras: entoación, timbre, ton, volume, pausas etc.
  • Elementos cinésicos, relativos aos movementos: mirada, expresións faciais, xestos etc.
  • Elementos proxémicos relacionados co espazo: distancia e contacto físico entre os interlocutores, distribución dos elementos na escena etc.
Moitas destas cuestións varían profundamente dunhas culturas  a outras. Por exemplo, a distancia  entre os interlocutores, as miradas (mirar directamente aos ollos ou non) ou o contacto corporal (caricias, chocar as mans etc.). Se queres saber máis sobre o significado dos xestos nas distintas culturas, clica AQUÍ.

Nunha intervención en público cómpre ter en conta moitos aspectos, dende a aparencia e forma de vestir, até o autocontrol das nosas emocións e, por suposto, nela acadan gran relevancia todos os elementos non verbais.

Fai estes tres exercicios e envíamos por correo electrónico ao longo desta semana


1. Fíxate nas fotografías. Que información estaría transmitindo esa persoa en cada momento se eses xestos e actitudes se producisen nunha conversa real?


2. A comunicación non verbal acabou formando parte tamén da nosa comunicación escrita. Como? A través das emoticonas, que nos serven para transmitir emocións nas nosas mensaxes escritas. Sabes como xurdiron estes elementos?

Cando a fins dos anos 70 do século pasado se popularizaron as BBS entre os especialistas informáticos dos Estados Unidos nos que intercambiaban mensaxes de texto nos que as bromas, chistes ou a retranca non sempre se entendía como tales interpretándose literalmente o texto. Para evitar iso xurdiron formas de transmitir sentimentos polo texto como escribir a palabra joke (broma) ó final dunha frase graciosa para defini-lo seu contexto. Un enxeñeiro especialista en intelixencia artificial, Scott E. Fahlman, propuxo ós usuarios dunha BBS en 1982 utilizar :-) para expresar un texto en broma e :-( para expresar un texto serio, denominou a esta sucesión de caracteres smileys. Pouco a pouco outros usuarios comezaron a empregalos e fixéronse populares e seguiron cando internet se fixo algo cotiá e pasaron ás mensaxes de texto dos móbiles. Actualmente desenvolvéronse máis cariñas para expresar diferentes sentimentos, accións ou personaxes e moitas veces aparecen substituídos por auténticas caras ou bonequiños. (Fonte: Galipedia)

Un estudo do ano 2015 determinou cal era o emoji que empregaban máis as galegas e galegos. Cal cres que é? Descúbreo neste artigo de GCiencia: https://www.gciencia.com/tecno/espana-segundo-os-seus-emoticonos/

Agora, responde estas preguntas:

a) Que emoción transmiten estas emoticonas?
b) Cal é a emoticona que máis usas? Pode ser desas ou outra distinta.


3. Visiona a curta de Disney Paperman e elabora un texto no que contes o que sucede na historia. Se queres, podes facer unha narración.
Se non funciona o vídeo aquí, podes ir a Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=eRl2OlyNMuc



Comentarios