VOCABULARIO: O NOSO CONTORNO

Mentres agardamos para poder saír da casa (moito ánimo!) imos repasar o vocabulario do noso contorno con estes dous exercicios: acceso ao PDF.

Unha cousa! En galego non existe a palabra *entorno, polo que temos que dicir "contorno" ou "contorna", que significa "zona ou territorio máis ou menos delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo".

O venres poño as solucións.




Comentarios