Xa levades un tempo sen practicar a expresión oral, así que unha das tarefas desta semana vaivos servir para iso: ides falar do metro cadrado da vosa vida.
1. Ides xuntar nun "metro cadrado" obxectos que marcaron e marcan a vosa vida, que son imprescindibles para vós ou que vos representan. Por exemplo, se facedes algún deporte, podedes poñer algo relacionado con el; ou un obxecto da infancia; ou o voso libro preferido... o que se vos ocorra! E despois sacádeslle unha foto.
2. Ides gravar un audio no que expliquedes ese "metro cadrado". Tedes que contar que son eses obxectos, por que son importantes para vós ou por que vos representan.
3. Mandádeme ao correo a foto do voso "metro cadrado" e o audio no que facedes a explicación.
Póñovos como exemplo unha imaxe do meu:
E se clicades nesta ligazón podedes atopar unha gravación coa explicación do meu metro cadrado. Podedes tomala como exemplo para facer a vosa.
Comentarios
Publicar un comentario