CORRECCIÓN DOS EXERCICIOS DE ORTOGRAFÍA (PÁX. 203)


Ex. 1
Ninguén soubo o porqué da súa decisión. Talvez fose porque estaba canso da súa vida ou porque necesitaba cambiar de aires, pero un día Xavier decidiu marchar de viaxe sen avisar. Cando volveu, a súa familia preguntoulle por que emprendera aquela viaxe do xeito que o fixo.

porqué (substantivo) = causa, motivo
porque (conxunción causal) = introduce a causa
por que (fórmula interrogativa) = introduce unha pregunta (neste caso indirecta)

Ex. 2
- Por que nunca dis o auténtico porqué dos teus actos. (=motivo)
- Marchei para a casa porque xa era moi tarde. (=introduce a causa)
- Explícame agora por que reaccionaches así. (=introduce a pregunta)

Ex. 3
- No museo consérvase a pluma con que escribía. (preposición con + pronome relativo que = coa cal)
- Xa chegaron todos, conque podemos empezar a cear. (conxunción = así que)
- Quedo contento con que fagades o que dicides. (preposición con + conxunción que = con iso)
- Ninguén agardaba por nós, conque camiñamos amodo. (conxunción = de modo que)
- Con que cámara de vídeo gravaches esa escena? (preposición con + interrogativo que --> pregunta)

Ex. 4
Corríxovola individualmente

Comentarios