Ex. 1
- O autor critica o consumo irresponsable e desmesurado, consecuencia do aumento da poboación mundial. As noticias que lle farían escribir esta carta puideron falar da sobreexplotación de recursos naturais ("furgando no interior da terra"), do cambio climático ("o Ártico derrétese"), dos incendios forestais ("os bosques arden") ou da tala incontrolada de árbores ("son eliminados").
- Reivindica o uso das beirarrúas só polos peóns; está en contra de que por ela circulen motos, bicicletas e monopatíns. A autora equivócase ao denominalos "vehículos a motor", pois son moi poucas as bicicletas que o levan incorporado e non o teñen os patíns; por outra parte, o monopatín non parece adecuarse á definición de "vehículo" ("medio de transporte que permite o traslado de persoas e cousas dun lugar a outro"). Polo tanto, dos que cita só as motos son "vehículos a motor".
Ex. 2
O tema da carta é a defensa dos animais.
- Opina que non debería haber circos con animais, xa que estes viven neles unha "dura realidade". Non obstante, afirma que uns días antes de escribir esa carta, o uso dos animais nos circos era un tema sobre o que non reflexionara e que non lle interesaba nin preocupaba.
- Cando se informou sobre o tema, o autor cambiou de opinión e pasou a condenar o uso dos animais nos circos. Cambiou despois de ler os folletos e de ver vídeos en Internet.
Comentarios
Publicar un comentario