CORRECCIÓN DOS EXERCICIOS DA PÁX. 141 (LECTURA)


Ex. 1

a) As dúas cartas tratan o mesmo tema: o debate sobre o cambio na hora que nos vén imposto pola Comunidade Europea e que algúns consideran que é especialmente inoportuno en España, que se rexe polo fuso horario de Berlín e non polo que lle corresponde pola súa situación xeográfica (o de Greenwich).

b) "Cambio de hora desta madrugada" aparece publicada no xornal La Región e "A hora de Greenwich", publícaa o xornal El País.

c) O segundo texto está a favor de manter o horario oficial que ten actualmente España. Pola contra, o primeiro texto está en contra de manter ese horario.


Ex. 2

- Arhoe: Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois.
- Greenwich: Lugar de Inglaterra por onde pasa o meridiano. Un meridiano é cada un dos círculos imaxinarios que pasan polos dous polos da Terra.
- CET: Central European Time (horario da Europa Central).
- 2 de maio de 1942: Data da adopción do horario da Europa Central (o de Berlín).


Ex. 3

Fuso horario de Greenwich: Illas Canarias, Reino Unido, Irlanda, Portugal.
Fuso horario de Berlín: Alemaña, Francia, Italia, España, Marrocos.

Comentarios