Para traballar a comprensión lectora ides ler os textos da páxina 151 do libro. Son cartas á dirección, o mesmo tipo de textos que os que opinaban sobre o cambio de hora. Neste caso, tratan sobre diversos temas.
Facede os exercicios desa páxina 1 e 2.
Só tedes que mandarme a frecha do exercicio 2: un texto (mínimo 50 palabras) no que expliquedes de forma argumentada a vosa opinión sobre que nos circos se empreguen animais. Enviádemo no propio correo (no corpo) ou escribídeo no caderno e mandádeme unha foto (prazo: venres 17).
A resposta dos exercicios poréivola o venres. Se tedes algunha dúbida ao ler o texto ou facer as actividades, escribídeme.
Comentarios
Publicar un comentario