O TEXTO PRESCRITIVO INSTRUTIVO: AS RECEITAS (parte 1)

A semana pasada, vistes que os textos prescritivos poden ser normativos ou instrutivos. Traballastes co texto normativo, aquel que transmite ordes ou normas, a través da lectura da unidade 6 e do texto que vos redactastes sobre a normativa do Estado de Alarma.

Esta semana imos traballar co texto instrutivo a través das receitas.

Primeiro, imos coñecer a Antonio que, xunto coa axuda dos seus pais, grava receitas de cociña e as difunde na canle de YouTube Cativos na cociña.

Antonio, polo lugar onde vive, ten uns trazos dialectais propios do bloque occidental. Cando vexas o seu vídeo, fíxate en que emprega a gheada (Ghrove) e o seseo, que di "a miña irmán" (e non "a miña irmá"), porque no bloque occidental o feminino faise en -án, ou que fai a 1ª persoa de singular do pretérito en -ín ("atopín" no canto de "atopei").


Ides ver un dos seus vídeos e para traballar a comprensión oral ides contestar unhas preguntas sobre o contido:


Se non podedes ver ben o vídeo no cuestionario, tamén volo deixo aquí.



É preferíbel que fagas o cuestionario en liña para poder saber ao momento se as respostas son correctas ou non, pero se non podes tes dúas opcións:

- Indicar no teu caderno cales son as respostas e mandarme unha imaxe ao correo.
- Mandarme as respostas por correo electrónico no corpo do correo ou nun Word.

Deixo o cuestionario en formato PDF e tamén en imaxes:






Comentarios