Ex. 1
a) Gregory ten 13 anos. Recibe o regalo polo Nadal. (Faise referencia a esta información no primeiro parágrafo, porque a nai saúda cun Bo Nadal! e di despois a idade do seu fillo)
b) Se non cumpre o pactado, deixará de ser o dono do teléfono intelixente. (Di isto ao final do primeiro parágrafo)
c) O motivo é transmitirlle ensinanzas que lle serán útiles na vida, non só para o uso do teléfono (Di isto no último parágrafo, antes de despedirse)
d) Porque é ela quen o merca, a que o paga e é un préstamo que lle fai ao fillo (Dio na primeira norma)
e) Para que aforre algo de diñeiro por se pasa algo imprevisto (que o teléfono se estrague, ou que rompa, ou que llo rouben...) (5ª norma)
f) A nai dille que as preguntas que teña que llelas faga, preferentemente, a seu pai ou a ela. (7ª norma)
Ex. 2
optimista: "Espero que comprendas que é o meu deber educarte", "Volveremos a empezar", "Espero que goces do teu incrible iPhone"
cariñosa: "Quérote con loucura", "Estou da túa parte", "Estamos xuntos", "Quérote", "Biquiños"
dialogante: "Sentarémonos a falar"
Podedes escoller outros adxectivos sempre que o xustifiquedes.
Ex. 3
Predominan os modos imperativo ("Contesta"; "Di ola"; "Sé educado"; "Fala coa xente") e subxuntivo ("Non desatendas"; "non chames"; "Non digas"; "non permitas"), que son os que se usan para dar ordes e para formular rogos ou desexos e, neste caso, sobre todo consellos.
Ex. 4
a) Para que non esqueza a vida real: o punto 11 ("Deixa o teléfono na casa...) e o punto 12 ("Asómate a unha ventá...")
b) Para o uso seguro de internet: o punto 7 ("Busca en Internet...") e o punto 9 ("Non envíes nin recibas...")
c) Para a cordialidade e boa educación: o punto 2 ("Se soa o teléfono..."), o punto 3 ("Se é un momento...") e o punto 8 ("Apágao, silénciao...")
Ex. 5
a) Si, usa a ironía. Pretende que o neno reflexione sobre a bondade da nai ao darlle o teléfono. Certo que ten unha contrapartida, ela vai saber o contrasinal.
b) Non; a ironía non é característica habitual nos contratos, que adoitan redactarse cunha linguaxe especializada e con abundante léxico xurídico. A ironía é unha figura literaria que non é propia de textos do ámbito xurídico; aparece neste texto porque non é un verdadeiro contrato, senón un texto literario que toma características da carta e do contrato. Neste susposto contrato a autora só pretende que o neno reflexione sobre o que supón ter un móbil.
c) Está intentando neutralizar as posibles reaccións do neno se protestase por ter que asumir este contrato, por iso o fai dende o humor e empregando a ironía.
Ex. 6
Con estas palabras, a nai dille a Gregory que o espazo de Internet abrangue demasiadas cousas, é moi amplo, polo que pode ser perigoso, xa que ningunha persoa, e menos un adolescente, pode coñecer todo o que implica e as consecuencias que o seu uso pode ter.
Comentarios
Publicar un comentario