Aínda que as nosas vidas estean a ser un pouco estrañas ultimamente, non podemos esquecernos de datas significativas: este domingo 29 temos que cambiar á hora! Adiantarémola e ás 2.00h serán as 3.00h. Isto significará que imos ter unha hora máis de sol polas tardes.
Para traballar un pouco a comprensión lectora, ides ler os textos da páxina 140 do libro, que precisamente son dúas cartas á direccción (textos que un lector ou lectora remite a un xornal ou revista para expoñer a súa opinión) sobre o cambio de hora. Despois, ides facer os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 141.
O luns 30 subirei a corrección destes exercicios
Sobre este tema, podedes ler máis artigos de prensa:
- Inflúe o cambio de hora na nosa saúde? (GCiencia)
- Fuso horario: por que Galicia non ten a mesma hora ca Portugal? (GCiencia)
- O Goberno central decide manter o fuso horario e o cambio de hora estacional (Praza Pública)
Comentarios
Publicar un comentario